Ola Argallanner@s, hoxe imosvos a ensinar uns moedeiros moi chulos.
Podemos realizalos de múltiples formas, tamaños, cores e aperturas.
Neste caso decantámonos pola técnica do crochet e empregamos un fío 100% algodón de cor vermello.
O tipo de abertura que lle puxemos é unha boquilla de bronce antigo, non queriamos que fosen
moi grandes así que o tamaño da boquilla ten que ser acorde co moedeiro
que queremos realizar, no noso caso a boquilla é de 7 cm.
Pouco a pouco irémosvos amosando outros moedeiros con outras técnicas e outro tipo de aberturas.
Esperamos
que vos gusten e xa sabedes se queredes uns mandarnos un correo
electrónico a argallannadas@gmail.com ou entra na nosa tenda (na pestana
de arriba á dereita)
Todos os artigos son feitos a man, así que poden sufrir pequenas modificacións coa foto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario