Mostrando entradas con la etiqueta Pulseira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pulseira. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de enero de 2014

Un pouco máis de Telar Kumihimo.

Hoxe imosvos a ensinar un pouco máis do que se podé facer co Telar Kumihimo. 

No noso caso fixemos varias pulseiras redondas, polo que empregamos o telar redondo, e combinando fios de distintas cores conseguimos unhas pulseiras tan chulas como estas:

Unha con flores. 


Outra cuns rombos. 


E outra na que fixemos un nó chamado "Puño de Mono" co cal fiaremos o cierre da nosa pulseira. 


Se tedes interés en adquirir algunha xa sabedes, mandadenos un email a argallannadas@gmail.com.
E estaremos encantadas en facervos unha, ou aclarar calquera dúbida que teñades. 


miércoles, 6 de noviembre de 2013

Pulseira Lauri



Hoxe amosámosvos o que se pode facer coa técnica do Kumihimo ou trenzado xaponés.

Aquí vos ensinamos a PULSEIRA LAURI.

 

Neste caso optamos por facer tres trenzas de cores distintas, pero nuns tonos cálidos, acompañamola cun peche de cobre envellecido, co que intentamos darlle unha aparencia de certa ducura



O bo que ten esta técnica é a rapidez á hora de elaborar os cordóns e que combinando cores, contas ou abelorios podemos realizar pulseiras moi variadas.

Para facer estas trenzas empregamos uns discos que poden ser cadrados ou redondos en función de se queremos facer trenzas planas ou redondas.
 
Aquí vos deixamos unha pequena selección de pulseiras e colares feitos co disco redondo, en breve mostraremosvos o que se pode facer co disco cadrado.

 
Esperamos que vos guste e se queredes unha xa sabedes, nos mandades un email a argallannadas@gmail.com

martes, 17 de septiembre de 2013

Pulseira Estreleira






En todos os nosos traballos, gustanos que a persoa que leve a nosa creación se sinta reflexado con ela, polo que neste encargo tan especial decidimos facer unha pulseira coa Bandeira Estreleira

É difícil establecer a definición e os factores que definen unha nación. Case todo o mundo coincide en identificala coa patria, e que para que exista debe cumprirse o requisito mínimo de que os seus membros teñan o sentimento de pertencer a ela. 

Toda nación debería ter dereito a decidir libremente o seu destino, dereito que leva consigo a capacidade para dotarse dun autogoberno e formar unha nación soberana cun Estado independente.

Polo que este sentimento nacionalista representámolo coa Bandeira Estreleira.

Esperamos que vos guste e se queredes unha xa sabedes, mandádenos un email a:
argallannadas@gmail.com

viernes, 8 de marzo de 2013

PULSEIRA - COLAR HIPPIE


Descrición:
Material: Cordón de coiro. Arame de aluminio. Fío 100 % algodón. Contas metalicas. Botón de madeira.
Tamaño: Largo x Ancho: 68 x 1 cm. Botón: 2 cm diametro. Pódese pedir outro largo.
Cor: Coiro marrón. Fío e arame violeta. Contas de cor cobre. Botón multicolor. Pódese pedir en calquera cor.

Tempo considerado de preparación do pedido: 3 días.

Todos os artigos son feitos a man, así que poden sufrir pequenas modificacións coa foto.


Prezo artigo: 8 €.