viernes, 14 de febrero de 2014

Cabaliño de Pau

Non sei se coñecedes a canción de “Caballito de Palo”, parece ser que está moi de moda. 

Nos enterámonos fai pouco, estamos moi desactualizadas nisto da música de bailoteo. 

 

Pois aproveitando a cancionciña e que está preto o entroido, ocorréusenos facer un, empregamos todo materiais reciclados; un vello calcetín, o recheo o fixemos dunha vella almofada, restos de tea, cordóns, feltro e un pau de madeira.

 

Así que vos deixamos unha serie de imaxes co proceso de elaboración e o resultado final. 


  •  Enchemos o calcetín con recheo dunha almofada vella e bordámoslle unha boca.

  •  O arreo facémosllo cuns restos de tea.

  •  E as orellas e ollos con feltro. 

  •  O crin con restos de trapillo. 

  •  E o colocamos nun pau de madeira.

     

    Argallannadas@gmail.com


    Para os que non coñezades a canción vos deixamos un enlace ó videoclip


lunes, 20 de enero de 2014

Un pouco máis de Telar Kumihimo.

Hoxe imosvos a ensinar un pouco máis do que se podé facer co Telar Kumihimo. 

No noso caso fixemos varias pulseiras redondas, polo que empregamos o telar redondo, e combinando fios de distintas cores conseguimos unhas pulseiras tan chulas como estas:

Unha con flores. 


Outra cuns rombos. 


E outra na que fixemos un nó chamado "Puño de Mono" co cal fiaremos o cierre da nosa pulseira. 


Se tedes interés en adquirir algunha xa sabedes, mandadenos un email a argallannadas@gmail.com.
E estaremos encantadas en facervos unha, ou aclarar calquera dúbida que teñades. 


miércoles, 6 de noviembre de 2013

Pulseira Lauri



Hoxe amosámosvos o que se pode facer coa técnica do Kumihimo ou trenzado xaponés.

Aquí vos ensinamos a PULSEIRA LAURI.

 

Neste caso optamos por facer tres trenzas de cores distintas, pero nuns tonos cálidos, acompañamola cun peche de cobre envellecido, co que intentamos darlle unha aparencia de certa ducura



O bo que ten esta técnica é a rapidez á hora de elaborar os cordóns e que combinando cores, contas ou abelorios podemos realizar pulseiras moi variadas.

Para facer estas trenzas empregamos uns discos que poden ser cadrados ou redondos en función de se queremos facer trenzas planas ou redondas.
 
Aquí vos deixamos unha pequena selección de pulseiras e colares feitos co disco redondo, en breve mostraremosvos o que se pode facer co disco cadrado.

 
Esperamos que vos guste e se queredes unha xa sabedes, nos mandades un email a argallannadas@gmail.com

Farrapo de Centeo para Gaita.

Hoxe queremos compartir convosco un encargo moi especial.

Chelo de TECELANA encargounos a elaboración duns farrapos de centeo para gaita.



Para quen non o saiba os farrapos son os flocos ou borlas que colgan do roncón da gaita, que é o pau que poñen os gaiteiros no ombro.

A orixinalidade de facer esta peza en Centeo fai que a gaita luza como unha peza única e extraordinaria.

Aquí vos deixamos o enlace á páxina de tecelana para que lle botedes unha ollada e fagades os vosos encargos.