Mostrando entradas con la etiqueta Bixutería. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bixutería. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Pulseira Lauri



Hoxe amosámosvos o que se pode facer coa técnica do Kumihimo ou trenzado xaponés.

Aquí vos ensinamos a PULSEIRA LAURI.

 

Neste caso optamos por facer tres trenzas de cores distintas, pero nuns tonos cálidos, acompañamola cun peche de cobre envellecido, co que intentamos darlle unha aparencia de certa ducura



O bo que ten esta técnica é a rapidez á hora de elaborar os cordóns e que combinando cores, contas ou abelorios podemos realizar pulseiras moi variadas.

Para facer estas trenzas empregamos uns discos que poden ser cadrados ou redondos en función de se queremos facer trenzas planas ou redondas.
 
Aquí vos deixamos unha pequena selección de pulseiras e colares feitos co disco redondo, en breve mostraremosvos o que se pode facer co disco cadrado.

 
Esperamos que vos guste e se queredes unha xa sabedes, nos mandades un email a argallannadas@gmail.com

martes, 17 de septiembre de 2013

Pulseira Estreleira






En todos os nosos traballos, gustanos que a persoa que leve a nosa creación se sinta reflexado con ela, polo que neste encargo tan especial decidimos facer unha pulseira coa Bandeira Estreleira

É difícil establecer a definición e os factores que definen unha nación. Case todo o mundo coincide en identificala coa patria, e que para que exista debe cumprirse o requisito mínimo de que os seus membros teñan o sentimento de pertencer a ela. 

Toda nación debería ter dereito a decidir libremente o seu destino, dereito que leva consigo a capacidade para dotarse dun autogoberno e formar unha nación soberana cun Estado independente.

Polo que este sentimento nacionalista representámolo coa Bandeira Estreleira.

Esperamos que vos guste e se queredes unha xa sabedes, mandádenos un email a:
argallannadas@gmail.com

viernes, 15 de marzo de 2013

Broche Danzantes Galegas



















Descrición:

Material: Feltro de cores.
Tamaño: Largo x Ancho: 8 x 4 cm
Cor: Variado
Tempo considerado de preparación do pedido: 3 días.
Todos os artigos son feitos a man, así que poden sufrir pequenas modificacións coa foto.
Prezo artigo: 9 €.

viernes, 8 de marzo de 2013

PULSEIRA - COLAR HIPPIE


Descrición:
Material: Cordón de coiro. Arame de aluminio. Fío 100 % algodón. Contas metalicas. Botón de madeira.
Tamaño: Largo x Ancho: 68 x 1 cm. Botón: 2 cm diametro. Pódese pedir outro largo.
Cor: Coiro marrón. Fío e arame violeta. Contas de cor cobre. Botón multicolor. Pódese pedir en calquera cor.

Tempo considerado de preparación do pedido: 3 días.

Todos os artigos son feitos a man, así que poden sufrir pequenas modificacións coa foto.


Prezo artigo: 8 €.

miércoles, 13 de febrero de 2013

BROCHE GRANNY

 
Os Granny square ou cadrados da avoiña deronse a coñecer nos anos 70, tecíanse un montón deles para facer casi calquera cousa,colchas, chalecos, fundas de sofá, ... 
Calquera cousa que podas imaxinar a podes facer unindo uns cadrados da avoiña.

A imaxinación xoga un gran papel á hora da confección do Granny, xa que podemoslle facelos dunha infinidade de formas, tamaños e cores.

  
No noso caso argallannamos uns pequenos broches onde procuramos que cada peza pareza única e exclusiva.

Esperamos que vos gusten e se queredes algún enviadenos un email a:


argallannadas@gmail.

Descrición:
Material: Fío de cores 100% algodón. Feltro de cores.
Tamaño: Alto x Ancho: 4,5 x 4,5 cm.
Cor: Variado, pódese pedir en calquera cor.
Tempo considerado de preparación do pedido: 3 días.

Prezo artigo: 4 €.
  
Todos os artigos son feitos a man, así que poden sufrir pequenas modificacións coa foto.


martes, 29 de enero de 2013

COLGANTE CABALIÑO DE MAR

   O Hipotálamo ou Cabaliño de Mar é unha criatura de mito e fantasía, para o pobo Celta simbolizaba o coraxe e a paciencia no mar. 

Outras civilizacións considerábano provisto de poderes máxicos e místicos.

 

 É a única especie no mundo cuio macho é o que se queda embarazado.

 

 O máis fermoso desta criatura é que mantense fieis ó mesmo compañeiro durante toda a vida, e se un dos membros da parella morre, o outro morrerá de amor.