Hoxe queremos compartir convosco un encargo moi especial.
Chelo de TECELANA encargounos a elaboración duns farrapos de centeo para gaita.
Para quen non o saiba os farrapos son os flocos ou borlas que colgan do roncón da gaita, que é o pau que poñen os gaiteiros no ombro.
A orixinalidade de facer esta peza en Centeo fai que a gaita luza como unha peza única e extraordinaria.
Aquí vos deixamos o enlace á páxina de tecelana para que lle botedes unha ollada e fagades os vosos encargos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario