Non sei se coñecedes a canción de “Caballito de Palo”, parece ser que está moi de moda.
Nos enterámonos fai pouco, estamos moi desactualizadas nisto da música de bailoteo.
Pois aproveitando a cancionciña e que está preto o entroido, ocorréusenos facer un, empregamos
todo materiais reciclados; un vello calcetín, o recheo o fixemos dunha
vella almofada, restos de tea, cordóns, feltro e un pau de madeira.
Así que vos deixamos unha serie de imaxes co proceso de elaboración e o resultado final.
Enchemos o calcetín con recheo dunha almofada vella e bordámoslle unha boca.
O arreo facémosllo cuns restos de tea.
E as orellas e ollos con feltro.
O crin con restos de trapillo.
E o colocamos nun pau de madeira.
Argallannadas@gmail.com
Para os que non coñezades a canción vos deixamos un enlace ó videoclip
No hay comentarios:
Publicar un comentario