Mostrando entradas con la etiqueta Madeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Madeira. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de febrero de 2014

Cabaliño de Pau

Non sei se coñecedes a canción de “Caballito de Palo”, parece ser que está moi de moda. 

Nos enterámonos fai pouco, estamos moi desactualizadas nisto da música de bailoteo. 

 

Pois aproveitando a cancionciña e que está preto o entroido, ocorréusenos facer un, empregamos todo materiais reciclados; un vello calcetín, o recheo o fixemos dunha vella almofada, restos de tea, cordóns, feltro e un pau de madeira.

 

Así que vos deixamos unha serie de imaxes co proceso de elaboración e o resultado final. 


  •  Enchemos o calcetín con recheo dunha almofada vella e bordámoslle unha boca.

  •  O arreo facémosllo cuns restos de tea.

  •  E as orellas e ollos con feltro. 

  •  O crin con restos de trapillo. 

  •  E o colocamos nun pau de madeira.

     

    Argallannadas@gmail.com


    Para os que non coñezades a canción vos deixamos un enlace ó videoclip


martes, 6 de agosto de 2013

Xoieiro de pared

Hoxe traémosvos unha boa idea para organizar todas as vosas xoias. A forma máis sinxela de realizar esta argallannada é adquirindo uns cuberteiros de madeira en calquera tenda.

No noso caso distribuímos as caixas da seguinte forma e pegámolas cun adhesivo de montaxe.
Tinguimos a madeira para darlle un toque máis rústico. 
 
Unha vez realizada a estrutura, en función das nosas necesidades colocaremos os distintos accesorios para colgar as nosas xoias.
  • Cáncamos para poder colgar os nosos colares e pulseiras. 
  • Grapamos tea de reixa para os nosos pendentes.
  • E realizamos este estupendo anillero.
 
 Nos hemos seguido este tutorial de YouTube para facer o noso organizador de aneis.



Tapizamos con moqueta a parte de atrás, para evitar rozamentos que estraguen a nosa parede, así como uns cáncamos para colgalo.

 E este foi o noso resultado.
Este outro foi reciclando unhas vellas caixas. 
 
Como vedes é unha argallannada moi sinxela, pero para aquel@s que non se queiran complicar, estaremos encantadas de realizala por vos, só tedes que enviarnos un correo electrónico a argallannadas@gmail.com.