martes, 17 de septiembre de 2013

Pulseira Estreleira






En todos os nosos traballos, gustanos que a persoa que leve a nosa creación se sinta reflexado con ela, polo que neste encargo tan especial decidimos facer unha pulseira coa Bandeira Estreleira

É difícil establecer a definición e os factores que definen unha nación. Case todo o mundo coincide en identificala coa patria, e que para que exista debe cumprirse o requisito mínimo de que os seus membros teñan o sentimento de pertencer a ela. 

Toda nación debería ter dereito a decidir libremente o seu destino, dereito que leva consigo a capacidade para dotarse dun autogoberno e formar unha nación soberana cun Estado independente.

Polo que este sentimento nacionalista representámolo coa Bandeira Estreleira.

Esperamos que vos guste e se queredes unha xa sabedes, mandádenos un email a:
argallannadas@gmail.com

martes, 6 de agosto de 2013

Xoieiro de pared

Hoxe traémosvos unha boa idea para organizar todas as vosas xoias. A forma máis sinxela de realizar esta argallannada é adquirindo uns cuberteiros de madeira en calquera tenda.

No noso caso distribuímos as caixas da seguinte forma e pegámolas cun adhesivo de montaxe.
Tinguimos a madeira para darlle un toque máis rústico. 
 
Unha vez realizada a estrutura, en función das nosas necesidades colocaremos os distintos accesorios para colgar as nosas xoias.
  • Cáncamos para poder colgar os nosos colares e pulseiras. 
  • Grapamos tea de reixa para os nosos pendentes.
  • E realizamos este estupendo anillero.
 
 Nos hemos seguido este tutorial de YouTube para facer o noso organizador de aneis.



Tapizamos con moqueta a parte de atrás, para evitar rozamentos que estraguen a nosa parede, así como uns cáncamos para colgalo.

 E este foi o noso resultado.
Este outro foi reciclando unhas vellas caixas. 
 
Como vedes é unha argallannada moi sinxela, pero para aquel@s que non se queiran complicar, estaremos encantadas de realizala por vos, só tedes que enviarnos un correo electrónico a argallannadas@gmail.com.






miércoles, 27 de marzo de 2013

Cestos de Algodón




Descrición:

Material: Fío de cores 100% algodón. 
Tamaños: Diámetro x Alto: 7 x 4,5 cm.
                                                            9,5 x 5 cm.
                                                         10,5 x 6 cm.
                                                             12 x 7 cm.
Cor: Variado, pódese pedir en calquera cor.
Tempo considerado de preparación do pedido: 3 días.

Prezo artigo: 6 €, 7 €, 8 € e 9 €, respectivamente.
  
Todos os artigos son feitos a man, así que poden sufrir pequenas modificacións coa foto.

viernes, 15 de marzo de 2013

Broche Danzantes Galegas



















Descrición:

Material: Feltro de cores.
Tamaño: Largo x Ancho: 8 x 4 cm
Cor: Variado
Tempo considerado de preparación do pedido: 3 días.
Todos os artigos son feitos a man, así que poden sufrir pequenas modificacións coa foto.
Prezo artigo: 9 €.